Friday 03 de May de 2024

Boa acollida á obra ‘Contos do Recreo’ con máis de medio cento de asistentes


Máis de medio cento de persoas gozaron dunha divertida mañá onte na Casa da Cultura de Camporrapado da man de Redrum Teatro. A compañía puxo en escena a obra Contos do Recreo, unha comedia musical dirixida por Álex Sampayo que fixo as delicias de grandes e crianzas. Así, esta proposta de artes escénicas contou con boa acollida entre as familias asistentes a esta cita.
A través dunha vistosa montaxe, amosouse a historia de Alicia, unha rapaza que fai falcatruadas ás súas compañeiras e que ve a súa percepción mudada logo de verse inmersa nunha aventura que lembra á historia de Alicia no País das Marabillas. A través das distintas historias e vivencias da protagonista, Redrum Teatro trata nesta obra a temática do acoso escolar dende unha perspectiva diferente. Ao tempo, esta comedia musical dirixida a público familiar traballa na prevención deste tipo de condutas entre a cativada a través do reforzo positivo.